viernes, 16 de septiembre de 2016

Benvida a un novo curso!


Comezamos un novo curso. Este curso imparto o Ámbito Lingüístico-Social no 2º Curso da ESO PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento).


A novidade principal deste curso que comeza é a implantación total da LOMCE e, con ela, a das criticadas probas de Avaliación Final na ESO e Bacharelato. Coa LOMCE aparecen os PMAR. Son partidaria das medidas extraordinarias de atención á diversidade como foron no seu día os Programas de Diversificación Curricular. Pero vexo diferenzas. Co PDC un alumno titulaba. Con PMAR non. Hai que incorporarse a 4º de ESO ao remate destes cursos. Os contidos curriculares deben tratarse desde un punto de vista global, práctico, motivador e personalizado, priorizando as aprendizaxes que resulten necesarias para outras posteriores e que contribúan ao desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos xerais da etapa. O 4º da ESO ao que se incorporarán será tamén práctico, motivador e personalizado? Hase ver. Só desexo que este 2º o sexa  para os meus alumnos e para min. A iso me entregarei,en corpo e alma, consciente do longo camiño que nos queda por diante.Que non nos falten as ganas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario