EN BUSCA DO LUME
Imos ver unha selección de imaxes da magnífica película, "En busca do lume".
👉Título orixinal: A guerre du feu Dirección: Jean-Jacques Annaud Guión: Gérard Brach Música: Philippe Sarde Fotografa: Claude Agostini Produción: Coproducción Canadá-Francia-EEUU; Belstar Productions / Ciné Trail / Famous Players / International Cinemedia Center / Royal Bank / Stéphan Films Interpretación: Everett McGill, Rae Dawn Chong, Ron Perlman, Nameer O-Kadi, Gary Schwartz
👉Sinopse O clan dos Ulam (Homo Sapiens) coñece o lume desde hai tempo, pero non sabe como crealo, só como mantelo. Unha tribo de Wagabous (Neandertales) arrebátalles a súa cova e dezman a súa poboación, véndose obrigados os superviventes a refuxiarse no medio dun frío pantano. A vida do clan depende de atopar lume, polo que un destacamento formado polos tres guerreiros máis novos (Naoh, Amoukar e Gaw) parte na súa busca. Na súa viaxe cara a terras máis cálidas sucédense mil e unha aventuras: son atacados por dous dentes de sabre; enfróntanse a outras tribos; rescatan a Ika, unha moza da tribo Ivaka que lles ensinará a rir...
O que conseguen os responsables da película é máis difícil do que parece: contar unha historia de forma coherente, clara e moi amena sen que ningún personaxe articule unha soa palabra comprensible.
🎞🎞🎞🎞
📌CUESTIONARIO
1) A película está situada aproximadamente hai 80.000 anos. A que etapa da prehistoria corresponde esa data?
2) Na película aparecen polo menos 3 grupos humanos diferentes.
a) Cales son estes tres grupos de humanos?
b) En realidade conviviron os 3?
c) Xa que logo, a película reflexa correctamente como foi a Prehistoria respecto da convivencia de tipos humanos e a súa evolución no tempo? Explica o que é correcto e o que non o é.
3) O centro da película son os conflitos que xorden ao redor do lume. Contesta ás seguintes cuestións sobre o lume:
a) Como adoitaban obter o lume os grupos que non sabían como "fabricalo"?
b) Que lles pasaba se o perdían?
c) Para que se usaba o lume?
d) Os homínidos que sabían obtelo como o facían?
e) Que importancia ten a fogueira na vida social e a comunicación dos homínidos?
4) Responde ás seguintes preguntas en relación aos modos de vida do grupo de homínidos que buscaba o lume (os protagonistas).
a)Como facían o seu vestuario, como era?
b)Como preparaban a comida?
c)Que comían?
d)Como cazaban? Como obtiñan a carne?
e)Como facían as súas armas?
f)Tiñan algunha forma de organización ou estrutura social?
5) En que aspectos era diferente a vida do pobo que coñecía como facer lume? Intenta recordar o maior número de aspectos posible. A que época correspondería este pobo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario