miércoles, 28 de septiembre de 2016

Traballo para días sen profa!

Queridas alumnas. Canto vos boto de menos! Por un imprevisto familiar non podo estar con vós na aula, por iso espero que este blog me supla na medida do posible.
Recordade que estabamos traballando para o Día Europeo das Linguas.Fixemos o autorretrato noso ou avatar e comezamos cos carteis de ortografía. Espero que vos encarguedes de telos ben colgados na aula.
E agora ás tarefas desta semana. Vounas expoñer clariñas. Facédeas no caderno de cada un e marcade a data para que vexa como traballastes. Recordade que o de Sociais é en galego.
PRIMEIRA TAREFA
Busca  de información no teu ordenador abalar e no mapa de Europa que hai na aula:
1. Os mares da Península Ibérica
2. Os mares de Europa.



3. Penínsulas de Europa.

Consultade aquí:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Pen%C3%ADnsula_It%C3%A1lica

https://gl.wikipedia.org/wiki/Pen%C3%ADnsula_Escandinava

https://gl.wikipedia.org/wiki/Xutlandia

PASOS:

Recopilade información: cales son esas penínsulas, que países son península, cal é a capital e cidades importantes... e que linguas se falan neses países. Como punto de partida podedes partir da Galipedia.
Unha vez  buscada a información pasade o traballo a limpo, aportando algún mapa que podedes calcar no caderno e atendendo á corrección lingüística.

EJERCICIO:en el cuaderno.




SEGUNDA TAREFA
Esta trátase de facer un escrito. En castelán. Con corrección lingüística, claro.

PASOS

Escribe un borrador en el procesador de textos de tu ordenador (Office).
Revisa la ortografía, las mayúsculas, acentos, léxico. Utiliza los puntos y aparte...
Copia tu texto definitivo ( que guardarás en un archivo con el nombre de 'viaje' ) y después de ponerle tu nombre lo subes a esta entrada del blog. No olvides tu nombre porque lo subirás en modo anónimo.
¿Y sobre qué escribiré? Pues te vas a imaginar que te regalan un viaje a una península europea, o a un país  o ciudad y vas a explicar lo que te gustaría ver y hacer en ese viaje con todos los gastos pagados.
No olvides escribir con corrección.
Estes traballos puntuarán como una proba máis sobre 4 puntos.
A traballar!

viernes, 16 de septiembre de 2016

Me presento/Preséntome.

lustración de Daria Solak
¿Qué es un avatar?

En Internet y otras tecnologías de comunicación modernas, se denomina avatar a una representación gráfica, generalmente humana, que se asocia a un usuario para su identificación. Los avatares pueden ser fotografías o dibujos artísticos, y algunas tecnologías permiten el uso de representaciones tridimensionales.


Debuxamos o noso avatar nun borrador e logo facemos un novo ao estilo naif...E que é a arte naif? Documentámonos:


Make your own mind maps with Mindomo.
Comencemos pola Unidade 1 que tamén nos axuda a falar de nós.

Benvida a un novo curso!


Comezamos un novo curso. Este curso imparto o Ámbito Lingüístico-Social no 2º Curso da ESO PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento).


A novidade principal deste curso que comeza é a implantación total da LOMCE e, con ela, a das criticadas probas de Avaliación Final na ESO e Bacharelato. Coa LOMCE aparecen os PMAR. Son partidaria das medidas extraordinarias de atención á diversidade como foron no seu día os Programas de Diversificación Curricular. Pero vexo diferenzas. Co PDC un alumno titulaba. Con PMAR non. Hai que incorporarse a 4º de ESO ao remate destes cursos. Os contidos curriculares deben tratarse desde un punto de vista global, práctico, motivador e personalizado, priorizando as aprendizaxes que resulten necesarias para outras posteriores e que contribúan ao desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos xerais da etapa. O 4º da ESO ao que se incorporarán será tamén práctico, motivador e personalizado? Hase ver. Só desexo que este 2º o sexa  para os meus alumnos e para min. A iso me entregarei,en corpo e alma, consciente do longo camiño que nos queda por diante.Que non nos falten as ganas!