Mostrando entradas con la etiqueta En busca do lume. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta En busca do lume. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de septiembre de 2017

A Prehistoria: En busa do lume.



EN BUSCA DO LUME
Imos ver unha selección de imaxes da magnífica película, "En busca do lume".

👉Título orixinal: A guerre du feu Dirección: Jean-Jacques Annaud Guión: Gérard Brach Música: Philippe Sarde Fotografa: Claude Agostini Produción: Coproducción Canadá-Francia-EEUU; Belstar Productions / Ciné Trail / Famous Players / International Cinemedia Center / Royal Bank / Stéphan Films Interpretación: Everett McGill, Rae Dawn Chong, Ron Perlman, Nameer O-Kadi, Gary Schwartz

👉Sinopse O clan dos Ulam (Homo Sapiens) coñece o lume desde hai tempo, pero non sabe como crealo, só como mantelo. Unha tribo de Wagabous (Neandertales) arrebátalles a súa cova e dezman a súa poboación, véndose obrigados os superviventes a refuxiarse no medio dun frío pantano. A vida do clan depende de atopar lume, polo que un destacamento formado polos tres guerreiros máis novos (Naoh, Amoukar e Gaw) parte na súa busca. Na súa viaxe cara a terras máis cálidas sucédense mil e unha aventuras: son atacados por dous dentes de sabre; enfróntanse a outras tribos; rescatan a Ika, unha moza da tribo Ivaka que lles ensinará a rir...

O que conseguen os responsables da película é máis difícil do que parece: contar unha historia de forma coherente, clara e moi amena sen que ningún personaxe articule unha soa palabra comprensible.

🎞🎞🎞🎞




📌CUESTIONARIO

1) A película está situada aproximadamente hai 80.000 anos. A que etapa da prehistoria corresponde esa data?

2) Na película aparecen polo menos 3 grupos humanos diferentes.
a) Cales son estes tres grupos de humanos?
b) En realidade conviviron os 3?
c) Xa que logo, a película reflexa correctamente como foi a Prehistoria respecto da convivencia de tipos humanos e a súa evolución no tempo? Explica o que é correcto e o que non o é.

3) O centro da película son os conflitos que xorden ao redor do lume. Contesta ás seguintes cuestións sobre o lume:

a) Como adoitaban obter o lume os grupos que non sabían como "fabricalo"?
b) Que lles pasaba se o  perdían?
c) Para que se usaba o lume?
d) Os homínidos que sabían obtelo como o facían?
e) Que importancia ten a fogueira na vida social e a comunicación dos homínidos?

4) Responde ás seguintes preguntas en relación aos modos de vida do grupo de homínidos que buscaba o lume (os protagonistas).




a)Como facían o seu vestuario, como era?
b)Como preparaban a comida?
c)Que comían?
d)Como cazaban? Como obtiñan a carne?
e)Como facían as súas armas?
f)Tiñan algunha forma de organización ou estrutura social? 



5) En que aspectos era diferente a vida do pobo que coñecía como facer lume? Intenta recordar o maior número de aspectos posible. A que época correspondería este pobo?