Novembro, mes da ciencia en galego.

Dende que, no ano 2001, a UNESCO declarase o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, dende hai sete anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar o 4 de novembro o Día da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.


Cruz Ángel Gallástegui Unamuno

O Día da Ciencia en Galicia, este ano 2016 é para  Cruz Gallástegui, introdutor en Galicia da xenética vexetal.
Cruz Gallástegui Unamuno dirixiu a Misión Biolóxica de Galicia da que naceu o primeiro millo híbrido de Europa, plantado no ámbito do Pazo do Hórreo e foi o renovador da agricultura galega.

Ignacio Ribas Marqués, o pai da química orgánica.

Ignacio Ribas Marqués

Descubriu sustancias que bautizou como santiaguina, pontevedrina, ourensina e coruñina.
Ribas Marqués foi o gran valedor da investigación dos produtos naturais autóctonos para a súa aplicación na industria farmacéutica ou cosmética. Traballou ata os 82 anos na Universidade de Santiago e deixou un enorme legado científico e de formación , dirixiu 68 tese doctorais, dos que 11 acabaron sendo catedráticos.
Era un apaixonado defensor da investigación, o que predicou co exemplo, e do valor da ciencia e a súa transmisión á sociedade como verdadeiro motor do progreso. E foino nunha época escura, no franquismo, onde a investigación na universidade quedaba relegada á anécdota. El foi unha das excepcións.
Os nosos traballos

En 2º PMAR fixemos carteis para conmemorar o Día da Ciencia como parte dun traballo de búsqueda de información na rede  e lectura comprensiva de textos en formato dixital.

O cartel

Os carteis son apoios gráficos para expresar ideas así como mostrar imaxes que causan algún impacto específico en persoas determinadas.
É un material gráfico que transmite unha mensaxe, está integrado nunha unidade estética formada por imaxes que causan impacto e por textos breves. En conclusión, é un material gráfico, cuxa función é lanzar unha mensaxe ao espectador co propósito de que este o capte, o recórde e actúe en forma concordante ao suxerido polo propio cartel.









FONTES DE CONSULTA E PÁXINAS WEB DE CIENCIA EN GALEGO






No hay comentarios:

Publicar un comentario